
Premio Proturga
Nesta nova edición do Foro Proturga faremos entrega do III Premio Proturga "Socio/a - colaborador/a 2014"
01
Obxectivo
Recoñecemento á mellor colaboración en PROTURGA durante o ano 2014.
02
Requisitos d@s candidat@s
Para optar a este premio, @s participantes terán que estar dad@s de alta como soci@s de PROTURGA neste 2015 e tamén no pasado ano 2014, incluíndo a soci@s particulares como soci@s empresas.
Terán que cumprir un dos catro requisitos descritos no quinto punto destas bases (criterios de valoración).
03
Categoría
Premio “Soci@ colaborador@ 2014”.
04
Selección d@s candidat@s
A Xunta Directiva elixirá entre os seus asociados para este III Premio, para o cal fará esta selección en tres fases:
1ª Fase: Soci@s de PROTURGA durante ó 2014 e estar actualmente dado de alta como soci@ para este 2015.
2ª Fase: Cumprir un dos requisitos descritos no quinto punto destas bases.
3ª Fase: Maior puntuación entre a suma de requisitos.
Só se valorará unha única candidatura por soci@ particular ou soci@ empresa.
Non participará nengún membro da Xunta Directiva de Proturga
05
Criterio de valoración
A Valoración terá un total de 5 puntos:
1. Asistencia a Asembleas (ata 1 punto)
2. Asistencia e xestión en actos turísticos como representante de PROTURGA (1 punto )
3. Actividades de PROTURGA nas que participou (1 punto)
4. Actividades nas que colaborou activamente (ata 2 puntos)
06
Premio
O candidat@ gañador darase a coñecer uns días antes na web: www.proturga.wix.com/foro
O gañador do ”III Premio Proturga o/a socio/a colaborador/a 2014” recibirá:
- Un trofeo
- A cota anual do 2016 gratuíta.
- Unha estancia para 2 pax. no HOTEL CASAL DE ARMÁN (Ribadavia) e unha actividade de barranquismo en Melón para 2 pax. con ESCAPADA RÍAS BAIXAS .
Faráselle entrega no Foro o día 9 DE MAIO DE 2015.
Os candidatos ós premios consenten que Proturga e as empresas patrocinadoras dos premios poidan utilizar os seus datos persoais e imaxe en todas aquelas actividades relacionadas co premio, con fins publicitarios, de divulgación e/ou con calquera actividade promocional sen que estes teñan dereito a recibir pago ou contraprestación algunha por elo.
O gañador do “III Premio Proturga o/a socio/a colaborador/a 2014” cederá os seus dereitos de imaxe a Proturga así como os patrocinadores e o-patrocinadores dos premios, durante o ano 2015 ou posteriores para calquera actividade e/ou a publicación de calquera información relativa ós Premios 2015.


07
08
Xurado
Un xurado formado pola Xunta Directiva de Proturga elixirá ao gañador en función dos criterios mencionados no punto quinto.
O Xurado terá competencia exclusiva para determinar, en calquera momento, a adecuación d@s soci@s as presentes bases de participación e acordar no seu caso a exclusión dos mesmos.
Tamén ostentará o Xurado competencia exclusiva para resolver calquera controversia xurdida en relación coas bases de participación ou con calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas.
O Xurado poderá solicitar o/a participante que en calquera momento do proceso aclare/contraste calqueira punto sobre os criterios de valoración.
A decisión do Xurado será inapelable.
Aceptación
Para participar será imprescindible a aceptación expresa e o cumprimento das presentes Bases. A excepción ou reserva de calquera tipo sobre as Bases de Participación así como o incumprimento das mesmas suporán a inadmisión d@ participante.
Xurado III Premio Proturga Socio/a Colaborador/a 2014
Tal e como se cita no punto sexto das bases:
“A composición do xurado será composta pola Xunta Directiva de Proturga”.
O xurado reunirase para valorar as candidaturas antes da celebración deste III Foro.