
Foro Proturga
Proturga é unha Asociación sen ánimo de lucro constituÃda no ano 2011 cuxos fins principais son os de xestionar e defender os intereses dos asociados; coordinar actividades formativas; asesorar, apoiar e colaborar coas distintas administracións públicas ou privadas na mellora da imaxe turÃstica de Galicia.
Este Foro que se organiza con carácter periódico nas distintas cidades galegas, nace co principal obxectivo de converterse no punto de encontro imprescindible para os profesionais do turismo e responder ás necesidades do sector en canto ao coñecemento continuo dun sector tan cambiante e competitivo.
Está dirixido a todas aquelas persoas formadas ou en perÃodo de formación relacionada co turismo, asà como aos traballadores e empresarios neste sector económico.
Este evento, en cada unha das edicións, tratará unha temática de actualidade e de grande interese no eido turÃstico, que aportará novos coñecementos de gran valÃa para os profesionais do turismo.
A súa estrutura contará con tres apartados diferenciados:
-
Parte Teórica, formada por un conxunto de conferencias nas que se abordará a temática a tratar dende distintos enfoques e distintos subsectores turÃsticos.
-
Parte de Debate, que consistirá en varias Mesas Redondas na que os participantes comentarán o seu punto de vista sobre un aspecto concreto relacionado coa temática principal.
-
Parte Práctica, na que se levarán a cabo actividades relacionadas co tema a tratar no Foro, como visitas guiadas a enclaves de gran importancia no eido da temática principal ou obradoiros.
Asemade, convocaremos o III Premio Proturga no que se premiará ao mellor profesional do turismo.
ABERTO A COLABORACIÓNS
O Foro Proturga é un proxecto colaborativo, e polo tanto está aberto a ideas e colaboracións que teñan cabida e axuden a mellorar o evento. O e-mail info@proturga.org está aberto para todas as iniciativas que poidan xurdir e para empresas que desexen aportar o seu gran de area.
Para máis información ou entrevistas:
Teléfono de contacto de PROTURGA: 635.051.768